Mancomún

KeePass chega á versión 2.47

martes, 19 enero 2021
KeePass chega á versión 2.47

KeePass (xestor de contrasinais de software libre), anunciou a súa versión 2.47 con novas funcións e melloras.

KeePass

Hoxe en día, temos que lembrar moitos contrasinais diferentes. Necesitas un contrasinal para moitos sitios web, a conta de correo electrónico, o servidor web, os inicios de sesión da rede …

KeePass é un administrador de contrasinais de software libre gratuíto, que che axuda a administrar os teus contrasinais de maneira segura.

Pode almacenar todos os contrasinais nunha base de datos, que se bloquea cunha chave mestra. Así que só tes que lembrar unha única chave mestra para desbloquear toda a base de datos. Os arquivos da base de datos están cifrados usando os mellores e máis seguros algoritmos de cifrado coñecidos actualmente.

Novidades destacadas desta versión de KeePass:
– Permite gardar os parámetros de procura como perfís.
– Novo modo de procura ‘Expresión Xpath’.
– Nova opción de coincidencia de tipo automático ‘Considerar guións similares como idénticos’.
– Marcador de posición {TIMEOTP}, xera un contrasinal dun só uso baseada no tempo.
– Soporte para importar arquivos JSON de Dashlane 6.2039.0.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal