A comunidade de KDE ven de anunciar as novidades de Plasma Mobile 21.07.
Plasma Mobile é un proxecto de software libre baseado no entorno de escritorio Plasma de KDE, mediante o que se pretende dar a oportunidade aos usuarios de instalalo no seu teléfono móbil (ou mercar un teléfono con el instalado) e contar así con un sistema operativo libre e respectuoso coa privacidade.
Plasma Mobile anunciou as novidades do mes de xullo, que van dende melloras de rendemento e de comportamento de diversas ferramentas e aplicacións como o marcador de teléfono, a aplicación de mensaxes SMS, a de reloxo, ou a nova aplicación de podcasts Kasts, mediante a cal se poderá ouvir o Podcast de Mancomún.
Máis información no anuncio oficial.
