LibreOffice 7.5 Community, nova versión da suite ofimática libre e multiplataforma.
LibreOffice 7.5

Xeneral
– Importantes melloras na compatibilidade co modo escuro.
– O Centro de Inicio pode filtrar documentos por tipo.
– Exportación de PDF mellorada con varias correccións e novas opcións e funcións.
Writer
– Melloráronse os marcadores, que agora son moito máis visibles.
– Engadíronse novos tipos aos controis de contido, que tamén melloran a calidade dos formularios PDF.
– Xa está dispoñible a tradución automática inicial, baseada nas API de tradución de DeepL.
– Varias melloras na corrección ortográfica.

Calc
– As táboas de datos agora son compatibles cos gráficos.
– O asistente de funcións agora permite buscar por descricións.
– Agora as condicións de formato condicional non distinguen entre maiúsculas e minúsculas.
– Corríxese o comportamento ao introducir números cunha soa comilla (‘).
Impress e Draw
– Novo conxunto de estilos de táboa predeterminados e creación de estilos de táboa.
– Agora é posible recortar os vídeos inseridos na diapositiva e aínda así reproducilos
– A consola do presentador tamén pode executarse como unha xanela normal en lugar da pantalla completa.
Vídeo das principais novidades de LibreOffice 7.5 Community
En PeerTube:
https://peertube.opencloud.lu/videos/embed/b41e1d2a-ce62-428c-a285-2d0759fe00cd
