Mancomún

LineageOS 20

miércoles, 11 enero 2023

LineageOS, sistema operativo libre e respectuoso da privacidade para dispositivos móbiles, chega coa versión 20 baseado en Android 13. Os sistemas operativos para móbiles baseados en fontes abertas permiten prolongar a vida útil dos teléfonos móbiles, sobre todo a aqueles que quedaron sen soporte para actualizacións por parte dos seus fabricantes.

logo lineage OS

Novidades: todos os parches de seguridade lanzados este ano para as versións anteriores incorporáronse ao código, nova aplicación de cámara con prestacións máis parecida á da aplicación oficial.

Chromium 108.0.5359, compatible co kernel Linux 5.10. Melloras e correccións de erros na aplicación de galería, nas actualizacións, no navegador e na aplicación de calendario.

A ferramenta de selección de luminosidade adáptase mellor ao tema do dispositivo. O asistente de configuración é máis parecido ao de Android 13 e ten transicións máis fluídas e unha mellor experiencia de uso, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal