Foi lanzada a versión do kernel Linux 5.16.
Novidades: soporte para DisplayPort 2.0 no driver da AMDGPU, soporte para unha nova numeración para os dispositivos, tunelización a través de USB 4 para os procesadores Rembrandt, inclusión de Futex 2 para a mellora do desempeño dos videoxogos de Windows.
Intel introduciu soporte para as instrucións AMX e estableceu o driver gráfico para Alder Lake S como estable. Soporte nos procesadores AMD Epyc a través de Secure Encrypted Virtualization, soporte para Raspberry Pi Compute Module 4.

Soporte para a Wi-fi RT89 de Realtek, melloras de rendemento para Btrfs, soporte para o teclado Apple Magic de 2021, melloras no soporte de ACPI, fusión do driver para o PCIe do Apple M1, melloras para o son de baixa latencia a través de USB e unha gran actualización para Zstd en tarefas de compresión e descompresión. Mellor soporte para DualSense, para os portátiles HP Omen e para a Steam Deck, entre outras.
