Mancomún

Mozilla VPN chega a GNU/Linux e macOS

lunes, 18 enero 2021
Mozilla VPN chega a GNU/Linux e macOS

O servizo VPN de Mozilla estivo dispoñible en Windows, Android e iOS desde xullo de 2020, pero non foi ata agora que chegou a GNU/Linux e macOS, pero o seu uso non será instantáneo.

Existe unha lista de espera para inscribirnos, engadindo unha conta de correo e indicando o país desde o que nos conectamos e as plataformas nas que estamos interesados.

Mozilla VPN ofrece o seguinte:
-Cifrado a nivel de dispositivo.
– Máis de 280 servidores en máis de 30 países.
– Sen límite de ancho de banda.
– Non garda nosa actividade de rede.
– Poderemos conectar ata 5 dispositivos por un prezo de 4.99$/mes.

Mozilla usa WireGuard para cifrar a actividade de rede e ocultar as direccións IP.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal