Mancomún

Obradoiro e hackaton rural LoRaWAN

lunes, 26 julio 2021
Obradoiro e hackaton rural LoRaWAN

Cumprindo todas as medidas e protocolos COVID-19, o próximo día 7 de agosto, A Industriosa celebrará un obradoiro ao aire libre de LoRaWAN, no que se abordarán varios retos para dotar de rede e servizos LoRaWAN un muiño rural.

Programa

Haberá unha charla introdutora do grupo TTN Vigo. Unha vez finalizada propoñeranse varios retos para abordar en grupos de traballo reducidos:
– Dotar ao emprazamento de cobertura LoRaWAN e conectividade con TTN.
– Desenvolver unha serie de sensores para obter datos do entorno.
– Recolectar datos dende TTN e preparalos para a súa visualización na web.

Cada reto levarase a cabo por un grupo de 3 persoas (máximo). Como moito abriranse 12 prazas (máis organización). O evento será levado a cabo ao aire libre nunha finca grande en Ponteareas. O anfitrión, Carlos, deleitará aos asistentes coa súa famosa paella. Os asistentes poden levar entrantes e postres para complementar, e se levades rapaces, avisade para telo en conta a nivel organizativo.

Evento patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica).

Inscrición

Podes rexistrarte na seguinte ligazón: Rexistro Obradoiro LoRaWAN

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal