Mancomún

PineNote, tablet de tinta electrónica

miércoles, 25 agosto 2021
PineNote, tablet de tinta electrónica

PINE64 está desenvolvendo unha tablet de tinta electrónica (ou libro de tinta electrónica) que contará cun sistema operativo GNU/Linux.

A pantalla do PineNote terá unha diagonal de 10,1 polgadas e unha resolución nativa de 1.872×1.404 píxeles, 16 niveis de grises e unha frecuencia de 60 Hz. Contará tamén cunha luz frontal, con luz branca de día e luz ámbar de noite. Terá un panel táctil capacitivo que permitirá usar un lapis óptico (compatible coa tecnoloxía EMR) ou os dedos como en calquera tablet.

Compoñentes: SoC ARM Cortex-A55 de catro núcleos Rockchip RK3566, 4 GB de memoria RAM LPDDR4 e 128 GB de almacenamento eMMC. Chasis de magnesio, cuberta traseira de plástico e cuberta de vidro endurecido sobre a pantalla.

A primeira versión do PineNote enviarase a finais deste ano e o prezo será de 399 dólares.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal