Plasma 5.22 deu un salto en estabilidade e usabilidade, eliminando centos de erros. Recoméndase non utilizar Plasma 5.22 Beta nunha contorna de produción ou como escritorio diario.
Ten unha interface moito máis sinxela, pero non por iso ofrece menos funcións. En Plasma 5.22 Beta o Monitor do Sistema substitúe a KSysGuard.
Novidades destacadas de Plasma 5.22 Beta:

Plasma
Monitor do Sistema substitúe a KSysguard como aplicación de monitoraxe do sistema por defecto.
Soporte para actividades en Wayland
A miniaplicación do Menú Global agora permite buscar entre os elementos do menú en Wayland. Mellorouse enormemente o soporte de Wayland en xeral.
Preferencias do sistema
A aplicación ábrese agora nunha nova páxina de «Axustes rápidos» que mostra algúns dos axustes que se cambian con máis frecuencia. Mellora da accesibilidade e do uso do teclado.
Bandexa do sistema
As miniaplicacións da Bandexa do Sistema en xeral son moito máis consistentes en aparencia e usabilidade.
Notificacións
As notificacións sobre arquivos (por exemplo, arquivos descargados, movidos…) mostran agora a aplicación que abrirá o arquivo se se activa a acción «Abrir». O sistema de notificacións agora activa automaticamente o modo «Non molestar» por defecto mentres se comparte a pantalla ou se fai screencasting.
KRunner
Agora pode mostrar texto de varias liñas para os resultados da procura. Xa non devolve resultados duplicados de diferentes lanzadores.
KWin/gráficos
Soporte para o escaneo directo das xanelas de pantalla completa executadas en GPUs non NVIDIA en Wayland, o que mellora o rendemento. KWin agora admite pantallas con frecuencia de refresco variable/FreeSync en Wayland.
Nas configuracións multipantalla, agora ábrense novas xanelas na pantalla na que se atopa o cursor do rato por defecto.
