En Ribeira a aula CeMIT seguirá a ser punto de capacitación TIC, de actividades dixitais de conciliación familiar e de loita contra a fenda dixital. O Concello de Ribeira presentou os seus cursos TIC de balde para esta tempada estival.
Entre outros cursos, en agosto os luns, mércores e venres de 10.00 a 11.30 horas, haberá un curso de programación con Scratch para nenos e nenas de 11 a 15 anos, entre os días 2 e 27.
Scratch

Scratch é unha linguaxe de programación visual desenvolto polo Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab. A sua principal característica consiste en que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código.
As súas características ligadas ao fácil entendemento do pensamento computacional fixeron que sexa moi difundido na educación de nenos, adolescentes e adultos. As habilidades adquiridas mediante Scratch, pódense aplicar a outras linguaxes básicas de programación como Python e Java.
Unha maneira de empezar a usar o programa en clase, é aprender baseándose en retos con xogos e pequenos proxectos, onde os nenos poidan desenvolver a súa creatividade. A través de titoriais do MIT, pódese aprender desde cero a programar con Scratch, utilizando a guía de iniciación creada polo mesmo Instituto.
Inscrición
As inscricións formalizaranse na aula CeMIT de Ribeira ou vía web na páxina da aula.
