Mancomún

Proxecto AgStack, conxunto de datos de campos agrícolas

lunes, 26 diciembre 2022

A Fundación Linux, anunciou que o seu proxecto AgStack albergará unha nova base de código de fonte aberta, xunto cun motor de computación continua totalmente automatizado, para crear, manter e aloxar un conxunto de datos globais de límites de campos agrícolas para axudar en cousas como a trazabilidade dos alimentos, o seguimento do carbono, a produción de cultivos e outras análises a nivel de campo.

logo

O conxunto de datos do Rexistro de Activos de AgStack, constrúese e actualízase continuamente utilizando datos de satélites e rexistros reais de campos que conteñen información sobre lindes, non sobre propiedade, que logo adestrarán modelos de aprendizaxe automática para determinar máis lindes.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal