Mancomún

Publicado o número 66 do Boletín de Software Libre para o sector empresarial

miércoles, 30 noviembre 2022

Xa está publicado o novo Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de novembro. O proxecto destacado deste mes é Metabase Open Source Edition, exploración de datos para todo o equipo. Metabase configúrase en cinco minutos, conectándose á súa base de datos e dándolle valor aos seus datos en fermosas visualizacións, sen necesidade de SQL.

captura

No apartado de novas destacamos que se creou a Rocky Enterprise Software Foundation para promocionar Rocky Linux, que Bitwarden recibiu unha importante inversión económica e a publicación de varios podcast de Mancomún (WordPress e fala.gal con Anxo Sánchez e a entrevista a Ana Jiménez, OSPO Program Manager en Linux Foundation).

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal