Xa está publicado o novo Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de febreiro. O proxecto destacado deste mes é RustDesk, infraestrutura de escritorio virtual ou remoto de software libre e multiplataforma (Windows, macOS, GNU/Linux, iOS, Android e Web.). Funciona sen necesidade de configuracións complicadas. Ten o control total dos teus datos, sen preocupacións de seguridade.

No apartado de novas destacamos o webinar “A Legal Guide To Open Works”, a apertura do rexistro de asistentes para o congreso esLIbre 2023, a publicación doutro Mancomún Podcast (Global Game Jam, creación colectiva de videoxogos en Pontevedra) e a publicación dun artigo TIC e pílula en vídeo sobre aplicacións libres para Android orientadas a empresa (Nextcloud Files, recupera o control dos teus datos).
Boletín Software Libre na Empresa
Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.
