Foi publicada a décimo quinta versión de PulseAudio, na que destaca o soporte dos códecs de Bluetooth LDAC e AptX para A2DP.
Novidades destacadas: soporte para as variantes de configuración SBC XQ de alta calidade, soporte nativo para os perfís Bluetooth HFP, soporte para o volume absoluto de Bluetooth A2DP AVRCP.
Os arquivos de configuración de ALSA agora poden colocarse no directorio de inicio do usuario. Soporte de hardware mellorado, melloras no soporte de FreeBSD e nova API para o envío de mensaxes dos clientes aos obxectos de PulseAudio, entre outras.
