Amigus Labs reeditan, actualizando contidos e lanzando a versión en español e inglés do seu manual «Construción de prototipos con Arduino«, que utilizaron durante os pasados anos en numerosos talleres que realizaron.

Aprende dunha maneira sinxela a programar con Arduino e crear pequenos prototipos funcionais, así como exercicios que che iniciarán no apaixonante mundo de Arduino.

O libro está enfocado a todo tipo de público desde nenos, familias, profesores… para o seu uso tanto en clase, como na casa ou laboratorios.
