Mancomún

Reportaxe sobre o «Obradoiro de microbit organizado por Amigus Labs»

martes, 24 agosto 2021
Reportaxe sobre o «Obradoiro de microbit organizado por Amigus Labs»

A semana pasada tivo lugar o “Obradoiro de programación con Micro:bit” nas Pontes, organizado por Amigus Labs. Unha actividade gratuíta e conxunta, na que participaron os pais e nais coas fillas e fillos.

imagen

Como nos parece unha actividade moi interesante, desplazámonos ata as instalacións de Amigus Labs, en As Pontes, para facer unha pequena reportaxe en vídeo desta actividade, onde tamén atoparedes algún comentario da organización do evento, da facilitadora e dalgún dos participantes que asistiron a ela:

Reportaxe en vídeo

BBC micro:bit é unha pequena tarxeta electrónica de hardware libre, programable, de 4×5 cm lanzada pola BBC británica no ano 2015 co obxectivo de que máis dun millón de nenos/as e mozos aprendesen a programar dunha forma fácil e divertida.

imagen

No ano 2016 a Fundación Educativa Micro:Bit integrada por empresas como Amazon, Microsoft, Cisco ou Samsung, asumen este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal