O 31 de marzo de 2022 terá lugar unha “Xornada de presentación de software con licenza libre para uso científico”, organizada pola Asociación MeLiSA, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría – Universidade de Santiago de Compostela. O acceso é libre, e a inscrición de balde.

Programa
9:00 – 9:15 Recepción de asistentes
9:15 – 9:30 Inauguración e benvida
09:30 – 10:00 Maquinas virtuais e contedores: e ti de quen ves sendo?
Tomás Fernández Pena CITIUS (USC)
10:00 – 10:30 Xestión e información xeográfica e medioambiental
José Ramón Rios Viqueira CITIUS (USC)
10:30 – 11:00 Maxima
María José Ginzo Villamayor, Alejandro Saavedra Nieves e Paula Saavedra Nieves
Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC)
11:00 – 11:30 BioStatFLOSS 6: Un software para gobernalos a todos…
Miguel Ángel Rodríguez Muíños Dirección Xeral de Saúde Pública (Xunta de Galicia)
11:30 – 12:15 Descanso – Pausa café

12:15 – 12:45 Licenza para liberar
Rafael Rodríguez Gayoso Asociación MeLiSA
12:45 – 13:15 Compartindo coñecemento en aberto: iniciativas e o repositorio Minerva
Lorena Gómez Méndez, Concepción Méndez García Biblioteca Xeral (USC)
13:15 – 13:45 Investindo no software libre a longo prazo: a iniciativa «Five for the Future»
Jesús Amieiro Becerra Automattic, Inc.
