Mancomún

Trisquel 10, distribución GNU-Linux completamente libre

martes, 8 febrero 2022
Trisquel 10, distribución GNU-Linux completamente libre

Anunciouse a publicación da versión 10.0 da distribución 100% de software libre, Trisquel. Distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, que terá soporte oficial ata abril de 2025.

Trisquel é unha das distribucións de GNU/Linux recomendada pola FSF, xa que inclúe unicamente software libre nos seus repositorios. Está dispoñible coas contornas de escritorio Mate, Plasma KDE e LXDE. Ademais ten unha versión para actividades educativas orientadas a nenos, coa contorna Sugar.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal