Mancomún

Wiki Loves Camino, mellora da información patrimonial do Camiño de Santiago

lunes, 28 junio 2021
Wiki Loves Camino, mellora da información patrimonial do Camiño de Santiago

Wiki Loves Camiño, iniciativa para mellorar a información patrimonial sobre o Camiño de Santiago na internet.

Wikipedia únese ás celebracións do ano Xacobeo 2021 documentando os elementos patrimoniais que se poden atopar nas etapas do Camiño.

Autoría das imaxes da portada:
– Ermengol Patalín, CC BY-SA 3.0 <https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0>, via Wikimedia Commons
– Theklan, CC BY-SA 4.0 <https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0>, via Wikimedia Commons

O Camiño de Santiago

O funcionamento do Camiño como vehículo do coñecemento fai que o roteiro teña algunhas similitudes simbólicas con Wikipedia.

Para ampliar a información e a visibilidade dos elementos patrimoniais (materiais e inmateriais) que se poden atopar nos roteiros, Wikimedia España impulsa Wiki Loves Camiño.

Wiki Loves Camiño

Iniciativa que insta á comunidade de voluntariado wikipedista a incluír contidos na enciclopedia virtual sobre o conxunto de construcións históricas relacionadas co Camiño, e tamén sobre as súas lendas ou expresións vivas.

O propósito da actividade é percorrer virtualmente o Camiño e compartir a través dos proxectos Wikimedia o seu patrimonio. Para aquelas persoas que teñan ou tomen fotografías do Camiño, activouse tamén unha categoría no repositorio multimedia Wikimedia Commons, onde se poderán subir imaxes que se utilizarán para ilustrar os artigos de Wikipedia.

Hashtag da iniciativa: #WikiLovesCamino

Repositorio de imaxes sobre a iniciativa:
https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Wiki_Loves_Camino_2021_in_Spain

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal