Mancomún

Wiki Science Competition, mellora dos contidos audiovisuais sobre ciencia

jueves, 9 diciembre 2021
Wiki Science Competition, mellora dos contidos audiovisuais sobre ciencia

Entre o 1 e o 20 de decembro celébrase a Wiki Science Competition, concurso internacional que se celebra cada dous anos no universo Wikimedia para mellorar os contidos fotográficos e audiovisuais sobre ciencia en Wikimedia Commons, o repositorio de imaxes e vídeos libre que serve para ilustrar Wikipedia e moito máis.

Trátase de compartir fotografías que ilustran as ciencias ou a comunidade científica baixo unha licenza Creative Commons para potenciar a difusión, modificación e utilización en diversos soportes e plataformas destes materiais.

Categorías:
– Persoas na ciencia
– Fotomicrografía
– Soportes non fotográficos
– Conxuntos de imaxes
– Natureza
– Astronomía
– Categoría xeral

As 5 mellores imaxes de cada categoría pasarán á fase internacional do concurso, onde serán avaliadas por un xurado para elixir as gañadoras a nivel mundial.

Imaxe da portada:
original by Toomas Loide / derivative by Ivo Kruusamägi, CC0, via Wikimedia Commons
Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal