Mancomún

WireGuard chega tamén ao núcleo de Windows

lunes, 16 agosto 2021
WireGuard chega tamén ao núcleo de Windows

Despois de que WireGuard estea integrado xa nos núcleos de GNU/Linux, FreeBSD, OpenBSD,… chega tamén ao núcleo de Windows.

A tecnoloxía de VPN libre de nova xeración, WireGuard, continúa a dar pasos cara a posicionarse como unha das solucións de referencia. A integración desta tecnoloxía nos núcleos dos sistemas operativos fai posible conseguir un maior rendemento nas comunicacións, polo que a chegada da solución ao núcleo de Windows da man do proxecto WireGuardNT fará posible unha mellor interoperabilidade nas redes que as usen.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal