Do 30 de setembro ao 02 de outubro, terá lugar en formato en liña a WordCamp Galicia 2021, primera WordCamp rexional. Sexa cal sexa o teu perfil terás un espazo neste evento, non importa se es un desenvolvedor, un creador de contidos ou un novo usuario.

WordCamp Galicia
WordCamp Galicia 2021 será un evento en liña pero a organización quere que sexa unha experiencia diferente, un punto de encontro entre usuarios onde coñecerse, intercambiar ideas e crear sinerxias.
Pódense ver as charlas desde YouTube, pero se te rexistras terás estas vantaxes:
– Comunicacións exclusivas para os usuarios rexistrados
– Agasallos dixitais, sorteos e promocións exclusivas dos patrocinadores
– Acceso a salas de networking privadas con relatores, organizadores e outros asistentes e ás actividades do último día

Programa
Podedes ver o programa completo nesta ligazón.
