Mancomún

Novo proxecto de Mozilla: Mozilla Weave

O novo proxecto de Mozilla Labs chámase «Weave» e permitirá aos usuarios gardar todas as súas configuracións (marcadores, sesións, contrasinais, etc…) nos servidores de Mozilla para despois permitir cargalos desde calquera outro navegador.

Polo de agora están traballando nos servidores para gardar estes datos tendo como gran obxectivo manter a privacidade dos mesmos. Ademais permitirán que calquera poida crear o seu propio servidor de Weave, tanto de carácter persoal como profesional.

Aínda está nunha primeira fase de desenvolvemento polo que non é aconsellable o seu uso se co noso perfil de Mozilla se temos datos importantes almacenados no mesmo…

Para usalo temos que crear unha conta na web https://services.mozilla.com e despois descargar a extensión Weave. A extensión pedirache que escribas o teu enderezo de correo e un contrasinal para cifrar os teus datos. Despois a extensión sincronizará automaticamente os teus datos cada 30 minutos.

 

Fonte da nova e máis información:
http://labs.mozilla.com/2007/12/introducing-weave/
 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal