Mancomún

O BizPoint abordará a interoperabilidade e os estándares abertos na administración e nas empresas

BizPoint é a Conferencia Internacional sobre Xanelas Únicas Empresariais, Administración de cara ás Empresas (A2B) e Apoio a Empresas que reunirá en Santiago de Compostela as principais institucións e expertos europeos na materia. No transcurso deste evento abordaranse diversas cuestións relacionadas co Software Libre como a necesidade de que as institucións garantan a interoperabilidade, o libre aceso á información pública ou aos estándares abertos. O foro celebrarase o xoves, 15 de febreiro, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

BizPoint convértese nun evento de relevante actualidade tras a recente aprobación das directivas europeas que requiren aos países membros que creen servizos de tramitación empresarial máis áxiles e abordará temas como as experiencias de xanelas únicas empresariais en Europa, as claves da tramitación electrónica das empresas coa administración ou como se constituirán as empresas do futuro.

A conferencia está organizada polo proxecto europeo ICHNOS–Innovation and Change: Network of One-Stop Shops-, unha iniciativa que se puxo en marcha en marzo de 2005 que parte da premisa de que a implementación de xanelas únicas ou puntos de acceso únicos empresariais representa, en moitas rexións, un instrumento clave para promocionar o desenvolvemento local.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal