Mancomún

O borrador de Mandato-Marco de RTVE aposta polo Software Libre e por compartir contidos

O diario «El País» publicou hoxe o borrador de Mandato-Marco que servirá para regular os próximos nove anos de Radio Televisión Española. O texto dedica un interesantísimo espazo ás novas tecnoloxías dos que cómpre salientar os parágrafos seguintes:

«A Corporación RTVE considerará no seu portal multimedia o emprego de tecnoloxías abertas mediante licenzas de uso para o público en xeral. A Corporación RTVE achegará contidos de servizo público de son e de vídeo que poderán ser reutilizados sen finalidade comercial

«A Corporación RTVE procurará que eses arquivos, quer de dominio público quer suxeitos a restricións, teñan presenza en buscadores e poidan ser vistos ou escoitados a través das redes telemáticas, fixas e móbiles, de acordo coas condicións de uso e de accesibilidade que aprobe o Consello de Administración.»

Tamén cómpre salientar que poñerá en marcha unha plataforma multimedia de contidos de acceso público:

«A Corporación RTVE poñerá en marcha unha plataforma interactiva multimedia que dará servizo á audiencia, en que ofertará progresivamente contidos á carta e interactivos, con especial interese, nos protocolos das redes de IP, de internet convencional e o emprego a través de dispositivos de mobilidade. Esta plataforma actuará como punto de encontro para o intercambio, a distribución e a difusión de contidos específicos en multimedia.»

Fonte: El País

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal