O Concello da Coruña vai celebrar cinco talleres enmarcados no Plan Xeral de Normalización Lingüistica co fin de «fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías e na telefonía móbil», como establece o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento autonómico o 22 de setembro do 2004.
A concelleira de Normalización Lingüística, Ermidas Valencia, explicou que con esta iniciativa, a corporación pretende «difundir, incentivar e promover o uso do idioma galego nun sector no que a eficacia é fundamental para o desenvolvemento da linguaxe». Para iso, a concellaría organiza cinco cursos en distintas asociacións da cidade dos que poderán beneficiarse ata cen persoas, que se centrarán na identificación do software libre en galego…
http://www.lavozdegalicia.es
