Mancomún

O concello de Barcelona alfabetiza en software libre

O axuntamento de Barcelona, nos vindeiros meses iniciará a distribución de cadernos para formar a poboación en novas tecnoloxías.
 
No marco das accións que vén facendo para promover o software libre, a consellería de Cidade do Coñecemento do concello de Barcelona iniciou unha campaña de alfabetización dixital, centrada en formar a poboación no uso do software libre. Jaume Oliveras, rexidor da Cidade do Coñecemento, é consciente que, ás veces, este tipo de software ‘pode crear un certo rexeitamento por parte do usuario’, é por iso polo que se pretende que os usuarios coñezan de que se trata e aprendan a instalalo e a usalo.

A partir de agora, e cunha periodicidade bi-mensual, a consellería distribuirá sete guías para coñecer o software libre e para aprender a descargarse e utilizar as principais aplicacións, desde o correo electrónico, tratamento de textos, folla de cálculo ou base de datos. Nestes cadernos indicaranse as webs onde é posible descargarse as aplicacións.
 
A primeira guía é unha introdución ao GNU/Linux, un sistema operativo con decenas de miles de aplicacións de todo tipo, moi parecidos ás que todo o mundo coñece, pero que ten a particularidade que tanto o sistema operativo como as aplicacións son de software libre. A próxima guía sairá en maio e será dedicada ao navegador Firefox; en xullo falarase da aplicación de correo ThunderBird e do sistema de mensaxería electrónica Gaim. A guía do setembro tratará as aplicacións de tratamento gráfico Gimp e InkScape, a do novembro de Write (tratamento de textos) e Calc (folla de cálculo), en xaneiro a das aplicacións Impress (presentacións) e Draw (debuxo) e en marzo do 2007 a guía de Base (xestor de base de datos). De cada guía editaranse 25.000 exemplares que se repartirán en oficinas de atención ao cidadán, centros cívicos, entidades, bibliotecas públicas e centros educativos.
 
Estas guías tamén se poderán descargar dende a web da consellería da Cidade do Coñecemento: www.bcn.cat/canalconeixement
 
Fonte: Vilaweb
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal