Mancomún

O Concello de Madrid e Sun Microsystems seguen apostando polo Software Libre

O Concello de Madrid anunciou a renovación do seu acordo con Sun Microsystems para distribuír gratis entre os madrileños o paquete ofimático StarOffice e o sistema Linux de escritorio Java Desktop System. O valor potencial deste acordo é estimado polo Consistorio en máis de 500 millóns de euros.

Así, os centros ‘mar’ do Concello, dedicados a potenciar a educación dixital de cidadáns e empresas, distribuirán gratis a última versión do paquete ofimático e colaborarán con Sun no desenvolvemento dunha nova versión personalinada para a cidade de Madrid de Java Desktop System.
O Concello destacou que os madrileños poderán dispoñer dun sistema operativo «moi sinxelo, estable e libre de virus» co que se trata de «evitar complicaciones innecesarias para os usuarios tan comúns en moitos sistemas informáticos».
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal