Mancomún

O Concello de Pereiro de Aguiar implantará unha rede WIFI baixo Software Libre

O Concello de Pereiro de Aguiar implantará unha rede WIFI baixo Software Libre

http://www.mancomun.org/images/stories/pereiro.jpg O Concello do Pereiro de Aguiar está a desenvolver un estudo para avaliar a implantación da banda larga sen fíos. Esta iniciativa xurdiu coa finalidade de favorecer a integración dos seus veciños na Sociedade da Información e promover a xeneralización do uso das novas tecnoloxías e das comunicacións, dinamizando o desenvolvemento social do municipio e contribuíndo a eliminación da fenda dixital.

Este proxecto e as xestións relacionadas coa CMT (Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones, organismo que xestiona as telecomunicacións en España), estase a levar a cabo pola empresa ourensán Redegal S.L. xunto coa Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense – Universidade de Vigo, nun proxecto I+D+i dirixido por Javier Rodeiro Iglesias e Miguel Díaz-Cacho Medina. Para a implantación e xestión do mesmo, empregarase Software Libre, pola fiabilidade e seguridade que aporta, evitando, ao mesmo tempo, os custos derivados do software privativo.

 

No estudo inclúense as análises topográficas con probas de campo, estudo da rede lóxica, términos legais e estudo de saúde.

Con esta nova iniciativa o Concello trata de continuar coa aposta tecnolóxica que se comezou a desenvolver hai dous anos, coa creación do portal web, onde se poden consultar as actividades que se realizan, os servizos que se prestan, o patrimonio do Concello do Pereiro de Aguiar, e outros servizos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal