O W3C anuncia o paso de Proposta a Recomendación do Conxunto de Etiquetas de Internacionalización (ITS) Versión 1.0. Organizado por categorías de datos, este conxunto ITS de elementos e atributos é compatible coa internacionalización e localización de esquemas e documentos. Conta con implementacións para DTD, Esquema XML e Relax NG; e pódese empregar con novos vocabularios ou con outros xa existentes como XHTML, DocBook e OpenDocument.
Máis información na páxina principal de Internacionalización.
