Mancomún

O creador de Linux, candidato ao premio Príncipe de Asturias deInvestigación

O xurado que concederá o próximo mércores o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2007 comeza mañá as súas deliberacións en Oviedo para analizar as corenta e nove candidaturas que optan ao galardón. Entre as propostas remitidas nesta XXVII edición dos premios figuran as do informático finlandés Linus Torvalds, creador do sistema operativo Linux; o biólogo mexicano Rafael Navarro González, e o Centro de Cirurxía de Mínima Invasión (CCMI), con sede en Cáceres.

Tamén son candidatos o biólogo británico Edward O. Wilson e a oncóloga Maura Rita María Massimino, ademais de James Lovelock, científico británico que lanzou a «teoría Gaia», que establece que a Terra funciona como un organismo vivo autorregulado. Ademais, optan ao premio, nunha única candidatura, o bioquímico belga Eric de Clercq, e o seu colega checo Antonin Holy polas súas descubertas para facer fronte a enfermidades virais coma a varicela e o herpes…

Máis información en: elpais.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal