Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
A vicelehendakari Idoia Zenarruzabeitia aposta polo sistema operativo GNU/Linux para impulsar a administración electrónica. O Departamento de Facenda e Administración Pública que dirixe puxo en marcha o proxecto de e-Administración, que se desenvolverá sobre Software Libre.
Con este fin, o Executivo adquiriu 22 equipos informáticos nos que se instalou o sistema operativo GNU/Linux e o servidor Web Apache. Esta solución «implica o traspaso paulatino da infraestrutura actual de servidores Web, baseada en software propietario á nova infraestrutura implantada con software libre».
Existen ademais outras iniciativas no ámbito da comunidade autónoma. Entre elas atópase a plataforma e-learning da Viceconsellería de Formación e a infraestrutura de servidores para o Servizo da Axencia Vasca de Meteoroloxía. O Executivo autonómico tamén organizou, dentro do Plan Euskadi na Sociedade da Información, distintos cursos e xornadas para empresas sobre Linux.
Fonte.- Gobiernoelectronico.org
