Mancomún

O Google Summer of Code do 2008 xa está en marcha

O Google Summer of Code do 2008 xa está en marcha

http://www.mancomun.org/images/stories/google_code.gifO «Google Summer of Code 2008» xa está en marcha, ou polo menos así o anuncia Google no seu blogue http://code.google.com/soc/2008. Durante os últimos tres anos, o programa xuntou a uns 1500 estudantes e 2000 titores duns 90 países ao redor do mundo, e agora xa están buscando novos estudantes e proxectos para a edición deste ano.

O prazo de aceptación de solicitudes para os titores e os seus proxectos comeza o 3 de marzo, e para os estudantes comeza o 24 de marzo.

Segundo o blogue, non hai motivos para esperar a que comece o período de rexistro para comezar, tanto na comunidade de Google Summer of Code como no desenvolvemento en Software Libre. Para ir comezando a informarte podes botar un ollo ás FAQ do programa e ás condicións do servizo, e visitar as páxinas das edicións anteriores (edición 2005, 2006 e 2007), e se tes algunha boa idea para mellorar algún dos proxectos listados, xa poderías comezar a traballar nela.

Contacto:
A través do canle #gsoc en Freenode e na rolda de discusión do programa.

Fonte:
http://code.google.com/soc/2008

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal