A ministra norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía presentou unha recomendación ao goberno para usar o formato ODF aprobado como norma ISO e o formato aberto PDF. Caso de se aceptar a recomendación, ODF e PDF serán os formatos que se empregarán, de xeito oficial, en xaneiro de 2009.
A ministra Heidi Grande Røys presentou, o 11 de maio, as recomendacións dadas polo Norwegian Standards Council. «O consello propón que ODF sexa obrigatorio para todos os documentos oficiais. De todos os xeitos, a información poderá ser publicada tamén noutros formatos como o doc de Microsoft, sempre que estean dispoñibles en ODF ou PDF». Ademais, están a estudar o novo estándar de Microsoft OOXML que tamén está a ser considerado como ISO. Heidi Grande dixo tamén que lle gustaría que ODF e OOXML se fusionasen nun só estandar para evitar ter dous estándares que básicamente cubren a mesma área.
Tamén se propuxo a codificación UTF-8 (ISO/IEC 10646) como a opción predefinida, pois o software desenvolto para empregar esta codificación permite manexar caracteres en calquera idioma presente ou pasado, incluído caracteres en xaponés e chinés.
Ligazón á nova orixinal: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7141/469
