Mancomún

O OpenOffice.org 2.2 en galego xa está dispoñible no portal de Mancomun.org

OpenOffice.orgXa podes descargar OpenOffice.org 2.2 totalmente en galego desde o portal de Mancomun.org. Está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS (tanto para Power PC coma para Intel) na sección de descargas. Se o preferides tamén podedes descargar a imaxe ISO do CD que contén OpenOffice.org para todas as plataformas ou as versións anteriores de OpenOffice.org desde a 2.0.
 
 A 2.2, a diferencia das versións anteriores, non ten incorporado por defecto o corrector polo que teredes que descargar o ficheiro gl_ES-pack.zip desde o portal de Mancomun.org. Despois poderase agregar o dicionario na opción Ficheiro>Asistentes>Instalar novos dicionarios. O  novo dicionario incorpora melloras implementadas polo equipo de Mancomun.org.

 
A versión galega de OpenOffice.org será unha das poucas que conte cun corrector gramatical do que xa se están a realizar as últimas probas antes do seu lanzamento. Chamarase Golfiño e tes máis información sobre el no Wiki de Mancomun.org.
 
OpenOffice.org coa interface e a axuda en galego está tamén dispoñible nos repositorios oficiais das diferentes distribucións de GNU/Linux. 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal