Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
Actualmente, o OpenOffice.org conta cun corrector ortográfico para o galego que recoñece máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.
A Consellería de Innovación e Industria vén de publicar un concurso para a elaboración dun corrector gramatical para o galego, de código aberto e adaptado ao OpenOffice.org. O texto completo da resolución está publicado no Diario Oficial de Galicia do venres 13 de outubro do 2006.
O importe do contrato é de 52.000€ e resolverase mediante concurso aberto. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no DOG. Os pregos con toda a información pódense descargar da Web da Xunta.
