Mancomún

O parlamento italiano migra 3.500 computadores a Software Libre

O parlamento italiano migra 3.500 computadores a Software Libre

Despois da migración a GNU/Linux do parlamento francés, agora tócalle a vez ao parlamento italiano. A http://www.mancomun.org/images/stories/tux_grande.jpgmigración afectará a uns 3500 computadores, tanto de uso individual como servidores, e os deputados tamén poderán pedir que se lles migre os seus computadores persoais a Software Libre.

A toma desta decisión estivo motivada por varias razóns:

  • A primeira é que permitirá aforrar máis de 3 millóns de euros en licenzas ao ano (o custe anual por cada computador ronda os 900€).
  • A segunda é que é un gran paso cara adiante na independencia e liberdade tecnolóxica, escapando do software propietario.
  • Hai moitas máis razóns técnicas, pero a máis importante é o nivel de seguridade que o Software Libre dará ao sistema informático do parlamento…

 

Segundo un artigo do xornal «The Inquirer», a migración comezará en setembro de 2007 e durará uns dous anos. O sistema operativo elixido será SuSE Linux.

Fonte orixinal:
Treviño’s Blog

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal