Mancomún

O presidente de Bulgaria loa o Software Libre

O presidente búlgaro Georgi Parvanov manifestou nunha carta o seu apoio ao Software Libre na conferencia OpenFest que tivo lugar en Sofía este fin de semana. «As tecnoloxías de Software Libre axudan a resolver problemas como os de transparencia e de acceso libre da cidadanía á información».

«Este acontecemento axudará á popularización do Software Libre en Bulgaria», escribiu o presidente nunha resposta á solicitude dos organizadores para se converter no presidente de honra da conferencia. «Hoxe en día, é imperativo popularizar o Software Libre e darlle soporte institucional».

Parvanov tamén declarou que os proxectos de Software Libre deberían ter máis axudas por parte do goberno. «As aplicacións de Software Libre axudan a construír pontes á sociedade dixital»

Ligazón orixinal:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7248/469

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal