Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
O pasado 19 de xullo o coordinador da Rede de Cooperación Internacional polo Software Libre, Marcelo Branco, reuniuse con Tricas Lamana, responsable do proxecto PISTA-local. A xuntanza tivo como resultado a apertura dunha colaboración permanente entre os dous proxectos. Participaron tamén na reunión, que aconteceu na sede do Concello de Lleida, o Sr. Josep Clotet, Xerente do Institut Municipal d’Informàtica (IMI) do Concello de Lleida e Andreu Ibàñez da asociación Hispalinux.
O proxecto PISTA-local pretende dotar de presenza en Internet aos pequenos e medianos municipios e prover de e-administración aos seus habitantes. PISTA-local é unha iniciativa da «Federación Española de Municipios e Provincias » (FEMP) e conta co apoio do Ministerio de Industria Turismo e Comercío e do Ministerio de Administracións Públicas de España. A partir deste momento o Proxecto PISTA-Local intégrase na rede internacional de cooperación.
