O Software Libre terá un papel destacado na I Mostra da Innovación de Lugo, evento de promoción das tecnoloxías da información e da comunicación que terá lugar o día 25 de novembro no Pazo de Feiras e de Congresos da capital lucense.
A empresa SCA Informática no seu relatorio «¿É doada a migración empresarial ao Software Libre?» falará sobre as vantaxes e dificultades de pasarse ao código aberto. Pola súa banda Ilumax ofrecerá un seminario titulado OPENBRAVO, opening ERP´S Future sobre este popular ERP libre.
