Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
IBM está a desenvolver un supercomputador que superará a velocidade de cálculo do actual líder desta clasificación, o NEC’S Earth Simulator. Blue Gene/L funcionará baixo GNU/Linux e pode operar de forma continuada cun ritmo de mil billóns de operacións de coma flotante por segundo. Ademais pode configurarse para que acade unha velocidade tres veces superior á actual.
A clave deste novo desenvolvemento foi o emprego de chips de baixa potencia que se atopan conectados a cinco redes especializadas do sistema. Segundo IBM o emprego de Linux é crucial para poder empregar aplicacións que non poderían conseguir doutro xeito.
Na web Top500.org amósase unha lista periodicamente actualizada dos supercomputadores máis potentes do mundo. Un 77% dos supercomputadores desta lista empregan Linux.
