O [[W3C]] e
OASIS publican o
WebCGM 2.0, un novo estándar industrial para ilustracións técnicas en documentos electrónicos. O WebCGM, de uso moi extendido nos ámbitos de defensa, aviación, arquitectura e transporte, alcanzou novos niveis de interoperabilidade grazas ao esforzo común de OASIS e o W3C.
«Hoxe, os deseñadores industriais colleitarán os beneficios da colaboración entre o W3C e OASIS,»- anunciou o Dr. Steve Bratt, Director de Operacións do W3C. «Cando as comunidades de desenvolvedores e deseñadores solicitaron novas funcións e melloras para esta tecnoloxía clave, as nosas organizacións uniron esforzos e experiencias creando o WebCGM 2.0.»
«O WebCGM demostra os beneficios que se poden obter cando as organizacións de estandarización traballan conxuntamente polo ben do mercado,» asegurou Patrick Gannon, presidente e Director de Operacións de OASIS. «O resultado desta colaboración entre OASIS e o W3C é o único estándar aberto para CGM na Web que foi aprobado polos membros de ámbalas duas organizacións. Este nivel de apoio garantiza aos implementadores de calquer parte do mundo o poder empregar o WebCGM con toda confianza.»
O WebCGM crea gráficos Web para o ámbito industrial. O CGM (Computer Graphics Metafile) é un estándar ISO para o formato de gráficos binarios con estrutura de árbore, empregado especialmente nas industrias técnicas (defensa, aviación, transportes, etc) para as ilustracións técnicas en documentos electrónicos. Cando Internet se converteu no medio máis común para compartir e crear documentos, fíxose evidente a necesidade de optimizar o uso do CGM na Web, en especial, no caso dos elementos interactivos como ligazóns e hotspots (áreas de interese).
O WebCGM é amplamente empregado na ilustración técnica, a documentación electrónica e a visualización de información xeofísica. Únense perspectivas potencialmente moi diversas mediante a utilización de aplicacións para documentos Web e constitúe un importante acordo de interoperabilidade entre os principais usuarios e os creadores do estándar ISO CGM.
O W3C publicou a primeira recomendación WebCGM Versión 1.0 en 1999. Pouco despois, o CGM Open, un grupo independente creado para adiantar a adopción do WebCGM, incorporouse a OASIS. Cando os usuarios comenzaron a solicitar máis funcións e melloras, fíxose evidente o interese e o apoio que tiña o WebCGM 2.0. Para iniciar o traballo formalmente, OASIS e W3C firmaron un memorando de acuerdo, o que fixo posible que ámbalas duas organizacións traballasen conxuntamente na creación de novos estándares. E tamén favoreceu unha maior participación por parte do
Comité Técnico sobre o WebCGM de OASIS e do
Grupo de Traballo sobre WebCGM do W3C.
O WebCGM 2.0 crea novas API e cumprir cos primeiros obxectivos. O WebCGM 2.0 engade unha especificación DOM (API) para o facilitar a programación de obxectos WebCGM, e unha especificación de arquitectura de XCF (XML Companion File) para a externalización de metadatos non gráficos. O WebCGM 2.0 tamén constrúe e amplía o contido gráfico e intelixente do WebCGM 1.0. O criterio seguido no deseño do WebCGM pretende chegar a un equilibrio entre o poder expresivo dos gráficos, por unha parte, e a simplicidade e utilidade, por outra. Un grupo pequeno pero poderoso de metadatos estandarizados xestiona as funcións da navegación por ligazóns e documentos, a estructura e estratificación de fotografías, e permite procurar e consultar o contido gráfico do WebCGM.