Mancomún

O W3C publica o borrador do HTML 5, o futuro do contido web

http://www.mancomun.org/images/stories/w3c.pngO W3C publicou o borrador anticipado do que será a linguaxe de etiquetado para a web, HTML 5. O Grupo de Traballo de HTML está creando o HTML 5 para ser a especificación aberta, libre de dereitos de autor, para o contido e as aplicacións Web enriquecidas.

«Por suposto que o HTML é un estándar moi importante,» comentou Tim Berners-Lee, autor da primeira versión do HTML e Director do W3C. «Estou encantado de ver que a comunidade de desenvolvedores, incluíndo os fabricantes de navegadores, está traballando en conxunto para crear o mellor camiño para a Web».

Entre as novas características inclúense APIs para debuxar gráficos bidimensionais e formas de incluír e controlar contido de son e vídeo.

A especificación de HTML 5 axuda a mellorar a interoperabilidade e a reducir os custos de software ofrecendo regras precisas, non só sobre como manexar todos os documentos HTML correctos, senón tamén como recuperarse e actuar ante os erros.

Fonte: Nota de prensa da oficina do W3C

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal