Mancomún

OBOOE: federación europea de empresas

OBOOE é unha nova Federación Europea que reúne a asociacións empresariais e organizacións relacionadas co Software Libre. Os obxectivos da Federación son os de fomentar a creación de redes entre fronteiras para as iniciativas nacionais, e converterse nunha voz para o sector.

As pequenas e medianas empresas (PEME) son as que crean a maioría dos produtos e solucións de Software Libre. Na actualidade, esta nova florecente industria de PEME está insuficientemente representada e a maioría da comunicación acerca das políticas de TI segue estando controlada polas grandes empresas.

Para cambiar esta situación, os representantes da industria de Software Libre reuníronse en Berlín o 10 de xaneiro. Decidiron pór en marcha unha Federación Europea de Asociacións de empresas de código aberto. A iniciativa, chamada OBOOE (Open Source Business Organizations Of Europe), ten como obxectivo agrupar as asociacións nacionais e rexionais das empresas de código aberto.

Con especial atención para as PEME, OBOOE aspira a converterse nunha voz común para a industria europea de software de código aberto. Vai promover e defender os intereses comúns deste novo ecosistema aberto que envolve ás PEME e os usuarios dos sectores privado e público.

Xavier Heymans, Bruxelas, o director xeral de zeapartners.org, rede de PEME de máis de 14 países, di: “OBOOE aumentará a concienciación nos éxitos das empresas de código aberto, cun enfoque especial nas Pemes. Polo tanto, apoiará e promoverá os intereses do ecosistema de código aberto ao contribuír a promocionar a eficiencia do mercado e o apoio a unha florecente industria europea.”

 
Fonte: DiarioLinux.com  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal