Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
Do 24 ao 28 de xullo, 7 membros do grupo basileiro «Estudio Livre«, impartirán un obradoiro enfocado á creación e difusión de contidos mediante a utilización de hardware e Software Libre. Está aberto a todos aqueles que traballan no ámbito da creación audiovisual. O último día (venres 28 de xullo) haberá unha presentación/actuación vía streaming: http://giss.hackitectura.net/hangar/.
En maio o Ministro de Cultura de Brasil e músico [[Gilberto Gil]] estivo en Barcelona, invitado pola Generalitat de Catalunya para falar do «caso brasileiro» de cultura libre.
Despois de pasar por Extremadura, en actividades promovidas pola «Junta y Universidad de Extremadura», a próxima semana sete membros do Estudio Libre.org, de varias áreas do coñecemento estarán en Barcelona para dar continuidade á socialización do coñecemento nesta área entre os dous países.
A actividade é unha promoción conxunta das iniciativas NON gobernamentais Hangar e Estudiolivre.org, con apoio da «Rede Internacional de Administracións Públicas polo Software Libre «.
