Acabamos de engadir outro evento á nosa «Axenda de eventos». Desta vez trátase dun obradoiro de iniciación á ofimática en Software Libre que se celebrará entre o próximo 16 de xullo e o 3 de agosto.
O curso celebrarase no Centro Comarcal de Terras de Trives, e usarase como ferramenta ofimática o OpenOffice.org.
Os contidos do curso incluirán:
- O espazo de traballo desta suite ofimática
- O procesador de textos «Write»
- A folla de cálculo «Calc»
- Presentación multimedia con «Impress»
O prazo de inscrición estará aberto até o día 10 de xullo e o obradoiro ten establecido un límite de prazas de 15…
Máis información no evento completo da axenda:
Axenda de eventos
Podes atopar máis información sobre estas actividades da Rede de dinamización na súa web:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
