Desde este mes até setembro vaise celebrar un obradoiro para nenos e nenas de 8 a 11 anos de idade en Cerceda. Neste obradoiro no que os nenos e nenas aprenderán o manexo do ordenador preténdese realizar un achegamento ás posibilidades que o Software Libre ofrece tanto a nivel de procesadores de texto e navegación en Internet. Estará dividido en 4 horarios distintos segundo a idade dos participantes e terán lugar de luns a xoves de 11:00 a 12:00 da mañá. Este evento está organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
Máis eventos na nosa axenda.
