«Open Document Format» (ODF), o estándar ISO aprobado para os documentos electrónicos, foi convertido en estándar en Lituania o 31 de xullo. O Comité Lituano de Estándares publicou recentemente a decisión sobre ODF no seu sitio web.
«A aprobación do ODF é un paso cara a unha sociedade da información segura e aberta», comentou nunha declaración a organización lituana de código aberto «Atviras kodas Lietuva» (AKL)…
«O ODF axuda a garantir a neutralidade tecnolóxica e traerá beneficios económicos ao país», dixeron os defensores do código aberto. Ao aprobar o ODF para o seu uso polo goberno, faise máis fácil para a xente seleccionar calquera dos paquetes ofimáticos distribuídos gratuitamente e de código aberto, como o OpenOffice.org ou o AbiWord. ODF está admitido ademais por aplicacións ofimáticas privativas tales como o Workplace de IBM e o software de procesado de texto en liña de Google Writely.
AKL foi partidaria da adopción do ODF e salientou a súa importancia no uso gobernamental.
O grupo agarda que as institucións gobernamentais prefiran ODF sobre outros formatos.
Fonte:
IDABC
