Mancomún

Ofertas de emprego para administradores de sistema e profesores de Software Libre

A empresa coruñesa Allenta Consulting busca dous administradores de sistemas GNU/Linux. Os aspirantes deben ter coñecementos de administración nas distribucións Debian, Suse e Red Hat, na instalación e configuración de Apache, Samba, Bind, Openldap e Posftix así como en recompilación e empaquetado de software (rpm e deb). Tamén se valorarán coñecementos de MS Windows. Requírese como mínimo un ano de experiencia laboral e título de formación profesional de grao medio. Todos os detalles están na oferta que a empresa publicou na web Infojobs.
 
A empresa de formación Iria Flavia Consultoría e Formación precisa de xeito urxente un profesor para un seminario de OpenOffice.org para usuarios avanzados dunhas 10 horas de duración. Para o outono a empresa vai precisar profesores de Mozilla Firefox e Thunderbird, Linux para usuarios de escritorio, Apache, PHP, MySql, Html, CSS, JavaScript, configuración e uso de xestores de contidos (WordPress, sNews, Dokuwiki, Drupal) e aproveitamento de servizos web 2.0 como Google, Blogger, Flickr ou Del.icio.us. Os interesados poden enviar o seu curriculum a Iria Flavia.
 

Lembrámosvos que podedes recibir esta e outras ofertas subscribíndovos á lista de emprego de Mancomun.org.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal