Omnium Open Source é un software baseado en web, deseñado especificamente para a colaboración e formación en liña de profesionais, educadores e público en xeral dentro do eido das artes gráficas e visuais.
As características de Omnium para facilitar a interatividade entre os usuarios son:
- Novas, un apartado de novas onde os coordinadores e administradores publican anuncios.
- Resumos/Actividades, onde se atopan os detalles de cada proxecto específico.
- Lecturas/Recursos, zona onde se almacena o material do cursos e recursos.
- Chat, permitindo aos usuarios conversas tanto entre grupos de usuarios como nas zoas privadas de traballo en grupo.
- Galerías, é a área onde os administradores/mestres poden postear o seu traballo seleccionado en portafolios individuais ou en murais de equipo.
- Taboleiro de mensaxes, é a ferramenta de comunicación principal.
- Área de Ligazóns, os coordinadores poden poñer ligazóns.
- Equipos, onde se pode xestionar os ficheiros compartidos, perfís de usuarios, discusións de equipo, feedback, …
Máis características de Omnium Open Source
